<< Etapa 1 - Cangas de Onis - Refuxio Vega de Enol <Picos de Europa> 23Km, (09/07/13). Yeyi e Xabier

Etapa algo longa e con bastante subida que parte de Cangas de Onís empregando parte do trazado do Gr 105, esta parte transcorre por pistas e camiños doados e fáciles de seguir, despois e xa entrados no Parque Nacional, abandonamos o GR e a ruta continúa por carreiros de montaña, que non terían ningunha dificultade se non fora por que están en mal estado por causa das prolongadas chuvias deste ano que convertiron os camiños en barrizais empeorados polo continuo paso do gando. Estupendas vistas durante toda a ruta.(Yeyi)