<<-Seceda - Mercurín - Seoane <<Caurel>> 13,4Km, Yeyi e Xabier (12/10/09)
Este camiño é parte do que antigamente unía Seceda e Mercurín con Seoane. Durante todo o percorrido pódese apreciar perfectamente os cumes do principal cordal do Caurel: O Alto do Boi, Piapáxaro, Formigueiros, ata distinguése con claridade e boca da Devesa da Rogueira, e máis adiante a propia Devesa. Tamén hai que destacar o Souto de Mercurín, uns dos máis grandes e fermosos do Caurel, xa que os seus antigos castiñeiros temos que engadir as súas caprichosas formacións rochosas de orixe “kársticas”, que lle dan un aspecto moi especial. (Yeyi)