PR-G 165 As Fragas e Levadas do Calvo e Deva: Ruta circular que emprega,   maioritariamente, os estreitos sendeiros que atravesan os bosques de ribeira dos   ríos Deva e Calvo ademais de por un antigo e denso sobreiral, que destaca polo   seu valor e a súa beleza. Tamén percorre parte do chamado “Camiño da Raíña” o   que nos permite ter unha estupenda visión do canón do río Deva.