<<--Muros -Taxes - Lariño - O Carracho - As Forcadas - Serres - Muros<<Muros - Carnota>> 26Km Yeyi e Xabier (2/05/09)
Outra vez saímos do centro de Muros pero nesta ocasión imos cara o interior. É unha rota doada que percorre os montes do concello de Muros e Carnota, o único problema é que só están en uso as pistas forestais, xa que todos os camiños están abandonados e polo tanto imposibles de transitar nesta época do ano, están cheos de xestas e de toxos. As vistas son impresionantes, podemos ver todo o percorrido da rota anterior pero a “vista de paxaro”. Cruzámonos con varias zonas de petroglifos, pero como non están sinalizados resulta difícil atopalos. O que si atopamos son restos de antigos muíños, incluso algún reconstruído. Á volta pasamos polo alto das Forcadas (472 m.) (facilmente recoñecible porque é onde están todas as antenas de comunicacións) dende onde podemos contemplar toda a costa dende Muros a Carnota pasando polo Monte Louros, a ría, etc. (Yeyi)