<<-- Leiro - Pena Corneira - Leiro - Ribadavia, Yeyi e Xabier, 34Km (29/08/08)
1º parte desta ruta percorre o camiño real que sube dende Leiro ata Pena Corneira, magnífica formación granítica que culmina o paseo por unha preciosa e tupida “fraga encantada”. Castiñeiros, carballos e outras especies autóctonas salpicadas de caprichosas formas rocosas. Dende o alto podemos contemplar toda a comarca. A 2º parte, percorre o río Avia dende Leiro ata Ribadavia, unha ruta moi doada, onde as vides son as principais protagonistas.