Comenzamos atravesando o río Ter e seguindo pola súa marxe
ata o río Daró (hoxe canalizado). Esta etapa se caracteriza por atravesar unha
extensa zona de campos con importantes masias e pequenos pobos ben conservados
que contrastan coas aberracións da costa, o máis importante deles é o pobo medieval
de Pals, pero ten de inconveniente que moitos camiños e pistas están asfaltados.
A partir de aquí volvemos a atravesar unha zona de dunas, lixeiramente elevada,
ata chegar a Begur., bonito pobo que merece un paseo pola súas rúas. (Yeyi)