Esta ruta está formada polos dous primeiros tramos do GR-92,
polo que pode resultar algo dura xa que é longa pero non é nada complicada. Non
ten grandes alturas pero empezamos subindo (205 m) xa que Portbou atópase encaixado
entre montañas, dende arriba temos unha bonita vista do pobo, da súa bahía e da
inmensa estación de tren. Ata chegar a Port de la Selva o camiño percorre a costa
atravesando varios pobos (Colera, Port de Llançà), praias e calas, no último tramo
aproveitamos o Camí de Ronda. En Port de la Selva entramos no Parque Natural Cap
de Creus, agora a paisaxe é máis montañosa, hai que subir ata Mas dels Bufadors,
deixando a un lado a Montaña Negra. Desde aquí comeza a baixada ata Cadaqués.
. (Yeyi)