Ruta totalmente urbanizada, practicamente todo o traxecto
é un paseo marítimo bordeado de grandes hoteis e urbanizacións que incluso, en
ocasións, están tan metidas no mar que impiden o paso e hai que bordealas, vólvese
a aproveitar o Camí de Ronda que, nesta ocasión, coma na anterior, está totalmente
habilitado para o paseo cun montón de tuneis que salvan os desniveis e as propiedades.
A verdade é que non parece unha etapa dun GR, deberíase ter buscado outra alternativa
máis polo interior que permitira afastarse das zonas urbanizadas. (Yeyi)