<<--GR-92 Tramo 6 L'Escala - Torroella de montgri <Girona> 24 Km, Yeyi e Xabier (03/01/10) (Preme F11)
Nesta ruta volvemos ter unha paisaxe mediterránea típica da Costa Brava, de altos acantilados e pequenas calas , unha costa moi sinuosa que percorreremos aproveitando novamente o Cami de Ronda. Hai que agradecer que aquí aínda existen zonas sen urbanizar (normalmente porque eran de propiedade militar) e zonas de gran interese coma a Punta Ventosa. Deixamos momentaneamente a costa para adentarnos nunha zona de piñeiros e subir suavemente cara as Dunas, máis adiante a subida faise moi pronunciada ata chegar ao Castelo de Montgrí. É unha dos puntos máis elevados do GR-92 o que nos permite ter unhas preciosas vistas do Empordà, xusto debaixo do castelo atopamos xa Torroella de Montgrí. (Yeyi)