O              Pozo de los Humos é unha bonita fervenza que forma o río              Uces ao              caer dende unha altura de 50 metros, sempre resulta              espectacular pero              coa cantidade de auga que ten chovido este ano fai honor ao              seu nome,              xa que cae tanta auga e con tanta forza que se forma unha              nube de              vapor “fume” ao seu redor. Pódese visitar seguindo un              empinado              sendeiro dende Masueco ata chegar ou mirador que está              “colgado”              sobre a fervenza, ou tamén dende Pereña para poder              contemplala              dende o outro lado do río. Lembra que en determinadas épocas está restrinxido o uso do camiño da casa do Abogado. (Yeyi)