<<--Cuvi- Colmado - O Galiñeiro - A Garrida <<Vigo>> 14Km, Yeyi e Xabier (22/11/09)
Unha volta máis polo Galiñeiro, sempre hai un camiño novo, nesta ocasión dende o CUVI (facendo unha parada na feira de San Cosme), seguindo por Erville ata a “Botella”, aproveitando parte do PRG-1 pasando polo castelo e baixando polo refuxio ata o parque forestal de Vincios. Para chegar a Garrida aproveitamos o tubo que pasa por debaixo da autopista (agora está canalizada a auga e non ten dificultade). (Yeyi)