Nesta ruta pretendemos unir dous tramos do “Camino Natural
de Catoira” (segundo aparecen na páxina do Ministerio de Medio Ambiente), pero
o que atopamos foi un “NON camiño” xa que a maior parte do tramos teñen desaparecido
ou están desantendidos e mpracticables; “natural” se entendemos por natural o
que está “a monte”, ou sexa sen a intervención da man do home. Unha pena, xa que
o trazado percorre as beiras do rego de San Cibrán e do río Catoria, por paraxes
que ben se merecen un carreiro para visitalos. Merece a pena, pero sempre que
se asuma que hai que abrir camiño a cada paso e buscar alternativas onde xa resulte
imposible. (Yeyi)