<<-- Senda do Almofrei <<Pontevedra >> 9 Km, Yeyi e Xabier (23/1/11) (Preme F11)
A ruta, recentemente sinalizada, percorre os estreitos camiños de pescadores do río Almofrei, dende o lugar de Bora, pasando polas poldras que comunican Portamuiños e As Leiras onde empeza un percorrido circular que chega ás Fervenzas e dende aquí adéntrase entre varias poboacións ata que volve ás poldras. Hai que ter en conta que cando o río baixa moi crecido o paso das poldras queda anegado e non se pode usar. (Yeyi)