<<--Mirada Circular >> Acebo - s. Facundo <<Bierzo>> 22 Km, Yeyi e xabier (16/05/10) (Preme F11)
Outra ruta que merece a pena, atravesa frondosos bosques de cerquiños e castiñeiros ata vadear o regato das Tejeras. Hai que destacar a fermosura do percorrido dende Matavenero que transcorre por un fondo e estreito canon formado polo río Rial, formando unha paisaxe virxe e case innacesible. A ruta remata en San Facundo, pero pódese chegar ata Bembibre por un camiño que transcorre ao lado da vía do tren. (Yeyi)