<<-- A Seara - Formigueiros - Rogueira - Seoane, 23Km. Yeyi e Xabier (31/10/08).
Esta rota parte de Seara, unha xeitosa aldea que mantén a súa estructura medieval, e percorre o vello camiño que empregaban antigamente para chegar ata Seoane. A paisaxe combina o mellor do Caurel: a Laguna de Lucenza de orixe glaciar que constitúe un ecosistema único; o cume do Formigueiros, a máis elevada da serra coas súas magníficas vistas e as súas primeiras neves; e a baixada pola Devesa Rogueira, que se sempre merece a pena, é nesta época onde o outono amosa todas as súas cores que van dende o verde brillante dos acivros, aos amarelos dos pradairos, os laranxas e vermellos das faias e os marróns das follas de carballo, os cerquiños ou os castaños. Un espectáculo único que hai que presenciar. (Yeyi)