<<-- PR-G 28 Padrendo (Lobios) <<Ourense >> 11 Km, Yeyi e Xabier (05/12/10) (Preme F11)
A ruta é circular e no noso caso a empezamos e a rematamos no pobo de Torneiros. É unha ruta corta pero onde podemos contemplar grandes riquezas xa sexan etnográficas como uns interesantes conxuntos de canastros ou unhas antigas minas onde antigamente se gardaba o viño; e paisaxísticas xa que atravesamos zonas de exuberante vexetación de carballos, sobreiras, piñeiros, acivro e tamén curiosas e desafiantes formacións rochosas, ademais pódese contemplar dende enfronte a Corga da Fecha. (Yeyi)