<<Moal - Pico Ventana - Larna - Moal , <Cangas del Narcea, Asturies> 19 Km, (21/02/12). Yeyi e Xabier
Preciosa ruta circular que dende Moal, pasando polo pobo de Oballo, sube ata o pico de Peña Ventana, magnifico mirador das cumbres que o rodean. A baixada faise polo pobo de Larna por un coidado camiño a media ladeira, recentemente recuperado, ata chegar de novo a Oballo e dende alí a Moal. (Yeyi)