<< Etapa 2 - Bossòst - ref. Honeria <Val d' Aran> 16,5Km, (11/08/13). Yeyi e Xabier

Nesta etapa podemos apreciar dúas partes, a primeira dende a saída de Bossòst ata Pont dera Lana sen apenas desnivel (neste tramo hai que coller un desvío, pola estrada, para salvar os destrozos producidos polas fortes chuvias do mes de xuño). Na segunda parte, o trazado comenza coa subida ata Canejan e despois ata Porcingles, a subida continúa ata máis arriba deste pobo pero resulta doada grazas ao bo trazado do camiño. Despois, unha senda entre árbores nos levará a Sant Joan de Toran e ao Refuxio de Honeria. (Yeyi)