A ruta pode parecer longa pero resulta un paseo, o camiño
é moi doado de andar, percorre pola beira do río Miño case na súa totalidade,
só temos que tomar un camiño alternativo cando chegamos a San Pedro de Torre (como
xa resulta habitual, por degracia, os seus habitantes viven de costas ao río e
teñen os camiños abandonados e cheos de restos agrícolas), cando pasamos o pobo
volvemos a camiñar xunto o río e un anaco xunto a vía do tren ata chegar a Valença.
(Yeyi)