<<--GR7 E-4 Pumarin - V. de Zafarraya, <Axarquia- Malaga> 16 Km, (03/01/12). Yeyi e Xabier
Nesta erapa a paisaxe vólvese máis agreste e montañosa, aínda que o camiño segue sendo unha pista compactada e ancha, xa non transcorre entre campos de olivares. Destacan as magníficas vistas da costa e sobre o Embalse de Viñuela. A entrada a Ventas de Zafarraya faise polo túnel do antigo tren que unía esta poboación con Vélez Málaga, que nos permiten travesar sen esforzo as moles do Boquete e entrar así na provincia de Granada. (Yeyi)