<< Faro do Roncudo - Praia de Niñons <Bergantiños, Coruña> 13,5Km, (26/06/13). Yeyi e Xabier

Ruta costeira que parte do Faro do Roncudo por unha senda que debuxa toda a costa, con magníficas vistas sobre as rochas e o mar, sen ningunha dificultade se non fora polo estreito e pechado do carreiro, moi pouco usado pero con trazado claro ata a aldea de Roncudo. Dende alí pola pista dos aeroxeradores e por camiños chégase sen dificultade á Praia de Niñóns. (Yeyi)