<<--Ruta do Lor, O Cebreiro - Seoane <<Lugo>>, 25Km Yeyi e Xabier (28/08/10) (Preme F11)
ImportanteA ruta comenza na poboación de O Cebreiro, pouco despois, ao chegar a Fonteboa, temos o primeiro contacto co río Lor, entre unha densa vexetación de faias, castiñeiros, acivros, sobreiras, uces... tan diversa que é imposible nomeala, e tan verde que chama a atención xa que non parece final do verano. O camiño atravesa moitas poboacións, a maior parte abandonadas ou case abandonadas pero aínda se pode apreciar a presenza das actividades propias da zona (leiras cultivadas, pastizais, gando) ademais de pontes, muíños, fontes que atopamos en todo o percorrido, ata chegar a Ferrería de Locay exemplo da antiga riqueza da zona.